black and white bed linen

Equipo de fútbol con historia e paixón

Revive a emoción do Huracán de Zamáns na súa nova etapa

A historia continúa con vós

Vídeo de presentación do Huracán de Zamáns está protagonizado por catro mulleres que seguiron a evolución do equipo. Son Josefina, Cándida, Tila e Aida.

black blue and yellow textile

C.A. Huracán de Zamáns

2024 Directiva e Xogadores

Un vello proverbio baseado na sabedoría antiga di: “Se camiñas só, chegarás máis rápido, pero se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe”.
No Club Atlético Huracán, nesta nova etapa da nosa historia, adoptamos unha forma de ver a vida na que o traballo e esforzo de todos os que nos preceden, xunto coa forza de todos os que nos acompañan, marcan o noso camiño.
O noso precioso acto de inauguración tivo sen dúbida moitos momentos que recordaremos para sempre, destacando o agradecemento a todos os que formaron e forman parte do Huracán.
GRAZAS infinitas a todos eles, que nos inspiraron no pasado, que nos inspiran no presente e que seguirán sendo a nosa fonte de inspiración no futuro. Lembramos que o verdadeiro valor do noso camiño reside nas persoas que nos axudan e acompañan. A súa forza axúdanos a avanzar e alcanzar novas metas. A nosa unión e compromiso transforman os soños individuais en logros colectivos: aí está a verdadeira grandeza.


Grazas a todos por ser parte desta viaxe xuntos:

A Rudesindo Alonso “Sindo”, finado recentemente. Non puido estar presente neste acto, celebrando o retorno do equipo polo que tanto loitou, pero o seu recordo brilla intensamente en cada recuncho do noso club. A súa dedicación e alma de líder vivirán sempre con nós.

A Armando Oitavén, Amante Alonso, Antonio Martínez, José Costas, Manuel Nandín, Alberto Varandas, Carlos Figueiras, Guillermo Otero, Manuel Alonso, Inocencio González, Antonio Iglesias, Ángel Luis Alonso, Juan José Alonso e Jesús Amante. Polo seu esforzo e traballo, polo seu amor por este club, polo legado imborrable que deixaron e que hoxe marca o noso camiño.

A Jesús Gómez, Carlos Costas, Carlos Fernández, Jaime, Agustín Freiría, José Prieto, Carlos, Jorge González, Juan Carlos Fernández e Jacobo Alonso. Polo voso compromiso e axuda desinteresada. O voso traballo deu vida a un fogar onde os nosos soños medran cada día.

A Aida, Cándida, Fina e Tila. A súa conexión co antigo Huracán recorda que a verdadeira esencia do club vive nas historias e nos corazóns daqueles que sempre estiveron a seu carón. Foron as encargadas de transmitirnos ese sentimento no vídeo promocional, facéndoo, por certo, de forma espectacular.

A Javi Álvarez (Asombra Produccións), cámara e autor do xa mencionado vídeo promocional, que co seu traballo foi capaz de emocionarnos e chegar a todos os nosos corazóns.

A Vicente Oitavén, Ángela Freiría e Xosé Manuel Fernández “Muxicas”, por ser a letra, voz e música, respectivamente, do noso himno. Por saber captar a esencia e identidade do noso club de xeito tan maxistral.

A Samu Alonso, que ademais de formar parte coma xogador, involúcrase día a día de forma desinteresada dando forma e calidade ás nosas redes sociais.

Zamáns

Campo de Fútbol San Cosme.

Composición

Terra Batida

Horarios
  • Martes: 21-23 h

  • Venres: 21-23 h