Directiva 2024
Agradecemento
Dende a directiva queremos recoñecer e agradecer o esforzo e colaboración de todos e todas vós. O voso apoio constante lévanos a mellorar día a día, a traballar duro para cumprir os nosos obxectivos e a seguir facendo crecer xuntos este marabilloso club.
Obxectivos
Planificación estratéxica a longo prazo: é fundamental que na directiva teñamos unha visión clara do futuro do club e establecer plans estratéxicos a longo prazo que permitan o seu crecemento sostido e o seu éxito deportivo e financeiro. Xestionar de forma responsable os recursos do club, optimizando o seu uso e buscando novas fontes de financiamento que contribúan ao desenvolvemento das actividades deportivas e sociais do club.
A Nosa Misión
O traballo dunha xunta directiva nun club deportivo vai máis aló dunha simple xestión administrativa; Implica liderar, visión estratéxica e compromiso co desenvolvemento integral da institución e da súa contorna. Perseguindo estes obxectivos e traballando en equipo con todos os actores implicados, na directiva podemos garantir o éxito e a sustentabilidade do club deportivo no tempo.
O Noso Equipo Directivo
A nosa forza reside no colectivo
Presidente: Horacio Prado
Vicepresidente: Rafael González
Tesoureiro: Juan A. Comesaña
Secretaria: Susana Gómez
Vocais: Héctor Prado, Hugo prado, Rubén Vila, Manuel Iglesias, Antonio Figueiras, Manuel Arca, Francisco J. Vila, Miguel González, José M. Oitavén, Rosa M. Prado, Jesús M. Alonso, Victor Costas, Vicente Oitavén, José M. Figueiras, Ricardo Otero
Club Atlético Huracán de Zamáns
Redes Sociais
info@huracandezamans.com
Carretera de San Cosme s/n C.P. 36310 Zamáns, Vigo
© 2024. All rights reserved.